Vinte mil leguas baixo dos mares

Vinte mil leguas baixo dos mares.

Editorial:
EDITORIAL XERAIS DE GALICIA
Año de edición:
Materia
Ficcion clasica (infantil/juvenil)
ISBN:
978-84-9121-587-5
Páginas:
448
Colección:
XABARIN
24,95 €
IVA incluido
En stock (Entrega en 24-48h)
Añadir a la cesta

O profesor de Historia Natural Pierre Aronnax, o seu axudante Conseil e o experto arpoador canadense Ned Land embarcan nunha viaxe fantástica, a bordo da fragata Abraham Lincoln, na procura dun misterioso monstro mariño. Este resulta ser un submarino, o Nautilus, que chega a visitar a ría de Vigo ao mando do capitán Nemo: un sabio desenganado da raza humana que se move guiado por un deses motivos tan característicos da novela de aventuras: a busca da xustiza implacable, non exenta de vinganza.



Di Ledicia Costas no prólogo da presente edición: «"Vinte mil leguas baixo dos mares" é unha epopea mariña. Unha viaxe ás entrañas do océano onde Verne, como o gran divulgador científico que era, fai o que mellor sabe: escribir unha novela de aventuras onde mestura a ciencia, o progreso e a fantasía».



Unha obra mestra que segue a fascinar cento cincuenta anos despois da súa primeira aparición.

Otros libros del autor