Un dia de caza

Un dia de caza.

Editorial:
EDITORIAL XERAIS DE GALICIA
Año de edición:
ISBN:
978-84-8302-938-1
Páginas:
64
Colección:
INFANTIL E XUVENIL - SOPA DE LIBROS - AS
9,45 €
IVA incluido
Sin existencias

Nunavut, a nena protagonista das aventuras desta nova colección infantil de Xerais, escrita por Xoán Abeleira e ilustrada por Jacobo Fernández Serrano, pertence a un dos pobos máis lendarios da terrra, os innuit ou esquimós, pobo primitivo que aínda sobrevive en durísimas condicións, ocupando a rexión máis fría do noso planeta, a do Círculo Polar Ártico, que se estende dende Alasca a Grenlandia. Alí os esquimós viviron en paz, illados completamente do resto do mundo, ata que, a mediados do século XIX, na época das grandes exploracións, entraron en contacto cos europeos. Actualmente, as diversas tribos innuit seguen a loitar por defenderen os seus eidos, as súas culturas e as súas linguas: o modo ancestral de vida da que foron afastados. Pero Nunavut tamén é hoxe unha fermosa e esperanzadora rexión autónoma para tódalas comunidades árticas. O obxectivo desta nova serie de Xerais, As aventuras de Nunavut, é que os lectores e lectoras novos poidan descubrir as marabillas dunha cultura que, por fortuna, aínda nos pode ensinar moito.
Transcorridos dez anos dende a súa nacencia, en Un día de caza, Nunavut, impulsada pola arela de paliar a escaseza de comida que sofre a súa aldea, vese envolta nunha aventura con traza de soño na que coñece a unha simpática balea en apuros e a un enigmático xerifalte, que a axudarán a acadar o seu propósito.

Otros libros del autor