O canastro sen tornarratos

O canastro sen tornarratos.

Editorial:
EDITORIAL XERAIS DE GALICIA
Año de edición:
Materia
Estructura y procesos politicos
ISBN:
978-84-9121-329-1
Páginas:
376
Colección:
OBRAS DE REFERENCIA - ENSAIO
18,50 €
IVA incluido
En stock (Entrega en 24-48h)
Añadir a la cesta

Este libro pescuda nas orixes políticas, económicas e filosóficas do cada vez maior afastamento dos centros de decisión a respecto da xente e da súa vida cotiá. Afonda na reflexión sobre a elitización dun capitalismo que retoma a súa faciana máis incompatible coa democracia. En -O canastro sen tornarratos- abórdase a dificultade para articular resistencias e hexemonías alternativas nun tempo en que a ideoloxía dominante conta cunha capacidade inédita de penetración en calquera recanto xeográfico, cultural e mesmo psicolóxico; ademais de na propia teoría e praxe do movemento emancipador.
O -tornarratos- -a pedra horizontal que impedía ás alimañas accederen ao gran almacenado no canastro- proponse como metáfora dun tempo sen devasas políticas e culturais que mitiguen o espolio do mundo do traballo e da natureza. Neste ensaio, David Rodríguez, lonxe de pensar o ser humano desde o cosmopolitismo abstracto, opta por unha ollada ampla e global, pero ben afincada nun lugar xeográfico e cultural concreto aínda chamado Galicia. En palabras do autor: -Trátase de delimitar o ermo en que nos atopamos, paso primeiro para que algún día volva medrar a herba.

Otros libros del autor