Ith

Ith.

Editorial:
EDITORIAL XERAIS DE GALICIA
Año de edición:
ISBN:
978-84-8302-689-2
Páginas:
104
Colección:
INFANTIL E XUVENIL - MERLIN - DE 11 ANOS
8,40 €
IVA incluido
Sin existencias

Ith é o fillo do mítico caudillo celta Breogán, o guerreiro de forte aturuxo, sabio e valoroso, o rei de fácil palabra fundador da Brigantia e da torre do seu nome, erguida ao seu carón. Desde un faro da costa, Ith divisa ao lonxe unhas terras que hai máis alá do mar e soña con chegar a elas algún día. Ao mando de tres barcos e trinta homes, Ith emprende unha viaxe na procura das terras soñadas. E chega á verde Erín, un país moi semellante a Brigantia. Alí encontra a amizade dos seus habitantes, aínda que tamén acabará atopando o veleno da traizón.
Ith é unha trepidante novela de aventuras, narrada con poderoso alento épico. O autor, Silvestre Gómez Xurxo, recrea un dos máis significativos episodios da historia mítica dos celtas que habitaron o noso país. A necesidade de transmitir a memoria colectiva, o valor e a lealtade son algúns dos temas deste libro para lectores de once anos en diante, ilustrado por Francisco Bueno Capeáns.

Otros libros del autor

  • Ti non xogas!
    Titulo del libro
    Ti non xogas!
    Gomez Xurxo, Silvestre
    9788499142050
    EDITORIAL XERAIS DE GALICIA
    En stock (Entrega en 24-48h)

    11,70 €

  • Deixao medrar
    Titulo del libro
    Deixao medrar
    Gomez Xurxo, Silvestre
    9788483026199
    EDITORIAL XERAIS DE GALICIA
    Sin existencias
  • De cristal
    Titulo del libro
    De cristal
    Gomez Xurxo, Silvestre
    9788499148106
    EDITORIAL XERAIS DE GALICIA
    Sin existencias