Dicionario de fraseoloxia galega

Dicionario de fraseoloxia galega.

Editorial:
EDITORIAL XERAIS DE GALICIA
Año de edición:
Materia
Diccionarios
ISBN:
978-84-9782-740-9
Páginas:
672
Colección:
DICIONARIOS - DICIONARIOS ESPECIALIZADOS
30,50 €
IVA incluido
Sin existencias

Este Dicionario de Fraseoloxía Galega, preparado por Carme López Taboada e Mª Rosario Soto Arias, recolle case dez mil frases feitas, o que supón o maior repertorio lexicográfico deste tipo publicado en lingua galega.
A información proporcionada en cada entrada dividiuse en catro campos: a clave, a frase, o significado e o texto. No campo da "clave" identifícase a palabra de maior peso semántico do núcleo da frase, sendo, con frecuencia o substantivo primeiro en aparecer na orde de lectura, ou de non habelo, o verbo, o adxectivo ou o adverbio. No campo da "frase" diferénciase entre núcleo e contorna (identificado entre corchetes). No campo de "significado" preséntase a definición da entrada, enriquecida polas marcas de rexistro lingüístico ou de información metalingüística. Por último, no campo "texto", proporciónase un exemplo de uso documentado, extraído de fontes literarias e xornalísticas, identificadas cunha clave. Este Dicionario de Fraseoloxía Galega inclúe, ademais, un apéndice de correspondencias casteláns das frases incluídas no dicionario.