Chirlosmirlos

Chirlosmirlos.

Editorial:
EDITORIAL XERAIS DE GALICIA
Año de edición:
ISBN:
978-84-8302-551-2
Páginas:
456
Colección:
INFANTIL E XUVENIL - EDICIONS SINGULARES
36,85 €
IVA incluido
Sin existencias

Chirlosmirlos. Enciclopedia dos xogos populares, resultado dun labor de investigación e de organización realizado a.o longo de varios anos, reune máis de catrocentos xogos, coas súas variantes e con propostas de adaptación ou anovación nalgúns dos casos.
Xogos de correr ou de agochar; xogos de grupos e de equipos; xogos de roda; xogos con pelota; xogos das lombas; xogos das bólas ou con peón; xogos das tabas, coios e dados; xogos de lanzar ou de espetar; xogos da billarda; xogos da chapa; xogos da goma, da corda ou con aros; xogos para xogar no colo cos máis cativos; e un bo repertorio de cancións para choutar á corda.
Chirlosmirlos é un libro de divulgación para estender e relembrar a arte de xogar. Con ser esta unha obra de alto contido etnográfico, de recolleita histórica, está concebida cun criterio eminentemente práctico e de fácil comprensión, para o seu uso no ámbito familiar, así como en centros escolares, asociacións, colonias, campamentos, ou nas actividades dos concellos.
Esta enciclopedia contén numerosas ilustración explicativas de cada xogo; e tamén as partituras de moitas das cancións, producto dunha laboriosa transcrición musical.

Otros libros del autor