Carmin

Carmin.

Editorial:
EDITORIAL XERAIS DE GALICIA
Año de edición:
ISBN:
978-84-8302-857-5
Páginas:
216
Colección:
INFANTIL E XUVENIL - FORA DE XOGO
12,30 €
IVA incluido
Sin existencias

Nun mesmo día Rafa Meruelo coñecerá dúas noticias inesperadas que mudarán o transcurso da súa vida: atopará un traballo como responsable dunha estación de transferencia e reciclaxe de lixo e será abandonado por Andrea, a súa moza, que gañou unha praza de profesora de Historia da Arte na Universidade de Boston. O reencontro con Carme, unha compañeira da facultade e unha avaría fortuíta nunha das tobeiras da planta onde traballaba, que lle permitirá atopar un estraño mazo de cartas, darán pé ao desenvolvemento dunha investigación que levará a Rafa e ao inspector Melle á seguir as pegadas dunha muller descoñecida.
Así arrinca o argumento de Carmín, unha magnífica novela de intriga coa que Domingo Tabuyo debuta na narrativa galega. Ambientada na vila de Cambados e dotada dun poderoso alento narrativo, a investigación acometida por Rafa Meruelo e o inspector Melle na procura dunha muller descoñecida engaiola ao lector ata o seu sorprendente remate.

Otros libros del autor