As voces baixas

As voces baixas.

Editorial:
EDITORIAL XERAIS DE GALICIA
Año de edición:
Materia
Ficcion moderna y contemporanea
ISBN:
978-84-9914-440-5
Páginas:
208
Colección:
EDICION LITERARIA - NARRATIVA
17,30 €
IVA incluido
En stock (Entrega en 24-48h)
Añadir a la cesta

Esta obra é unha construción de humor e dor. Unha novela da vida para chorar e rir.
Quen son as voces baixas? Son as criaturas, os nenos e nenas, as mulleres que falan soas, os mortos, os animais...
É a ironía a que sostén as palabras, a que terma das -voces baixaspara que non se afundan, para que resistan e mesmo procuren unha segunda vida á marxe das relacións de dominio e poder, nun entroido existencial.
En As voces baixas o eu anda á procura do nós. É un libro no que se entrelazan a memoria persoal e a colectiva. Dende o primeiro medo, o que lle provocan uns cabezudos que resultan ser figuras dos Reis Católicos, o narrador asiste á descuberta da vida por mor da existencia extraordinaria da xente do común.
O barrio de Monte Alto, a aldea urbana de Castro de Elviña, o lugar de Corpo Santo, coa luz do faro de Breogán, a prisión provincial, o cemiterio de Santo Amaro, o poboado céltico, o Monte Xalo onde as nenas pastoras pisan o sol, a escaleira onde os nenos clandestinos escoitan os murmurios da imaxinación... Unha xeografía real para un pobo marabilloso: as -voces baixas- que non queren dominar e que se alimentan de contos.

Otros libros del autor