A viaxe do ser

A viaxe do ser.

Editorial:
EDITORIAL XERAIS DE GALICIA
Año de edición:
ISBN:
978-84-9914-082-7
Páginas:
168
Colección:
INFANTIL E XUVENIL - FORA DE XOGO
12,30 €
IVA incluido
Sin existencias

O viaxeiro, provisto apenas dunha mochila liviá, un gorro e un vello piolet, realizará a subida polo leito do Ser, un río de sesenta quilómetros de lonxitude que nace na serra dos Ancares. Durante tres xornadas de moi dura, longa e difícil camiñada en solitario, o viaxeiro descubrirá a beleza agochada na espesura da fraga, nos diferentes recantos do río, en cada unha das aldeas ou nos seres que alí habitan como a lontra, o paporrubio, o oso ou a pita do monte; mais tamén os múltiples perigos polos vieiros do descoñecido poñerán a proba a súa capacidade de resistencia, tanto física como mental. A aventura do Ser, novela coa que debuta Manuel Pérez de Lis Álvarez, é unha fermosa narración dunha viaxe ás profundidades da natureza que relata, tamén, a aventura interior do camiñante na procura da esencia do ser.